sábado, 13 de diciembre de 2014

Tweet - #culleredopolobotrato

Hola a todos.

Aquí tenéis un tweet para así conmemorar el día en contra de la violencia de género, de esta forma pretendo ayudar a acabar con el machismo,

El amor no mata, agrede, controla. O verdadeiro amor libera.

viernes, 12 de diciembre de 2014

Eu de maior quero ser..

Hola a todos.
Esta es una presentación acerca de lo que quiero ser de mayor. Me ha gustado hacer este trabajo porque he aprendido mucho sobre la profesión que he elegido.
Para la realización de esta presentación he usado Google Drive y posteriormente la herramienta Google Presentaciones para insertarlo en el blog.
Espero que os guste.







miércoles, 10 de diciembre de 2014

Ciencia que conta

Hola a todos.
Esto es un concurso "Concurso de Ciencia que Conta" del año pasado.
Para realizar este trabajo he seguido los siguientes pasos:
1- Elegí uno de los relatos.
2-Convertí el archivo de pdf a un documento de texto en Google Drive para poder editarlo.
3- Inserté los hiperenlaces y imágenes en el documento .
4-Por último pasé el documento  al blog.



Nova Era I
Noelia García García
IES Marco do Camballón (Vila de Cruces)
Ano 2113. O planeta está sumido nun caos climatolóxico, nunca antes experimentado polo ser humano. Sabemos que os cambios do clima drásticos se producen ciclicamente ao longo da existencia da Terra. Debido á man do home, estamos a punto de presenciar e padecer un gran cataclismo que cambiará definitivamente o mapa físico e político do mundo. A subida gradual das temperaturas ao longo do último século provocaron desxeos nos polos, aumentando o nivel dos océanos varios metros. A mestura de cantidades enormes de auga doce xeada coa auga dos océanos desencadearon o cambio das correntes mariñas e, así mesmo, o cambio de estacións e de fluxos atmosféricos. Todos os países a partir do pararalelo 50 do hemisferio norte para abaixo están completamente desertos. A migración dapoboación destes países céntrase agora, basicamente, en Rusia. Nestes intres a estepa caucásica, noutrora inhóspita e case sen poboación, está acollendo millóns de persoas cada ano. Agás Rusia, que ten estado propio, todos os países unificáronse baixo un único goberno rexido pola ONU, o cal ten a nova sede en Noruega. Semella que o planeta está realizando un axuste para garantir a vida propia do planeta e dos seres vivos máis básicos. Está eliminando calquera forma de vida que sexa nociva para el. Só sobrevivirán os que logren superar o paralelo 50, alí a ONU, xunto co exército ruso, controlan ferreamente o paso de persoas. Todas as que teñan o maior síntoma de debilidade física ou mental non pasan, e os maiores de 60 anos tampouco. A explicación é que non temos espazo para todos e, sobre todo, non temos recursos farmacolóxicos para erradicar as diversas pragas víricas. En Groenlandia un grupo de granes investidores (fortunas) construíron unha serie de complexos residenciais e hospitalarios nos que viven alleos aos conflitos pola supervivencia. En 2093 o nivel de contaminación era de tal magnitude que toda a poboación mundial tiña que recorrer a tratamentos médicos dunha complexi- dade xenética enorme. Estes tratamentos carreaban uns efectos secundarios irreversibles. Modificaron o ADN humano para adaptar o organismo aos niveis de contaminación (facían respirable o CO). Foi entón cando fundaron a «Nova Groenlandia» para illarse e preservar o ADN intacto da súa poboación. Construíron grandes complexos abovedados con recicladores de aire mecánicos. Un potente exército privado protexe todos os complexos. Dicían que o facían para garantir a evolución da especie de forma natural. Como cabe de esperar, o resto das persoas que sobreviviron foi grazas ao tratamento médico. Cada nova xeración está experimentando mutacións cada vez máis fortes. En poucas décadas podería chegar a orixinarse unha nova raza, derivada do ser humano e totalmente diferenciada daliña continuísta de Groenlandia.

Hai un ano un avión non tripulado obtivo imaxes dun pobo ao norte de Alasca que dende hai anos permanece illado debido ao desxeo de toda a zona. O extraordinario acontecemento tivo unha repercusión científica sen precedentes, porque ese poboado non fora vacinado para combater a contaminación e, non obstante, parecía que os seus habitantes vivían placidamente, ignorando o que acontecía no resto do mundo.
Eu son a doutora Méndez, directora do laboratorio de microbioloxía en Groenlandia. Acaban de alistarme para un grupo de expedición a ese poboado en Alasca. Dado a gravidade da situación partimos de forma inminente. Temos que investigar por que os nativos aguantan a contaminación e extraer, a ser posible, unha vacina para todo o mundo. A expedición entraña varios perigos pero iso é outra historia.